a v a l i a c i ó n

Proba de avaliación inicial

Para as persoas sen requisitos académicos que desexen matricularse na educación básica para persoas adultas por primeira vez efectuaráselle unha proba de avaliación inicial co obxectivo de adscribilo ao módulo adecuado en cada ámbito de coñecemento.

Avaliación ordinaria

  • A avaliación será continua, terá carácter formativo e estará integrada no proceso educativo de maneira sistemática. Haberá unha avaliación escrita ao rematar cada un dos bloques de contidos que integran cada módulo, dentro dos tres ámbitos de coñecemento. Inmediatamente antes da realización da avaliación do segundo bloque, haberá unha proba de recuperación do primeiro para aquel alumnado que obtivese avaliación negativa nel. Unha vez realizada a avaliación do segundo bloque, en caso de que esta resultase negativa, o alumnado tamén poderá realizar unha proba de recuperación do bloque segundo.
  • Cando no ámbito de cumunicación da educación secundaria para persoas adultas interveñan dous profesores ou profesoras, para establecer a cualificación do ámbito realizarase a media ponderada dos dous submódulos integrados nel, de xeito que o submódulo de lingua estranxeira nunca teña unha valoración superior ao 30% da cualificación do móculo correspondente.
  • Cando o ámbito científico-tecnolóxico sexa impartido por dous docentes, no caso de impartir o ámbito nunha proporción do 50%, para establecer a cualificación do ámbito realizarase a media ponderada das dúas cualificacións achegadas por cada un dos profesores ou profesoras, de xeito que cada unha das cualificacións supoña o 50% da cualificación final do módulo correspondente. Para outro reparto da materia, seguiranse criterios proporcionais para a cualificación do ámbito.

Avaliación final extraordinaria

As sesións de avaliación final dos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre terán lugar na primeira quincena do mes de febreiro, e despois do 5 de xuño no caso dos módulos do segundo cuadrimestre.

As probas extraordinarias correspondentes aos módulos impartidos no primeiro cuadrimestre realizaranse antes da última quincena do mes de maio. No caso dos módulos impartidos no segundo cuadrimestre, as probas extraordinarias terán lugar os días 17, 18 e 19 de xuño de 2024.

Os módulos III ou IV de cada ámbito da ESA avaliados positiviamente ou promovidos con avaliación negativa quedan superados, polo que non é necesario volver cursalos.

Perda do dereito de avaliación continua

A falta de asistencia reiterada ás actividades de formación é motivo de perda do dereito de avaliación continua nos seguintes casos:

- Nun ámbito, cando o número de faltas de asistencia sen xustificar supere o 10% do cómputo total de horas establecido para ese ámbito no cuadrimestre.

- En todos os ámbitos, cando o número de faltas sen xustificar supere o 10% do horario total establecido nese cuadrimestre para todos os ámbitos nos que estea matriculado.

Ao alumnado que perda o dereito á avaliación continua informaráselle da posibilidade de trasladar a matrícula para cursar a educación secundaria a distancia.

¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar