prazo de matrícula - curso 2018/19

- Módulo 3: do 3 ao 14 de setembro de 2018

- Módulo 4: do 9 ao 16 de xaneiro de 2019


Benvido á web da Educación Secundaria de Adultos do Ies "Isaac Díaz Pardo" de Sada para o curso 2018-2019.

A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas podan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

O currículo da segunda etapa da educación básica para persoas adultas, conducente á obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria, estrutúrase en dous niveis (I e II) de forma modular.

No IES "Isaac Díaz Pardo" podes cursar os módulos 3 e 4 (nivel II) da educación secundaria de adultos na modalidade presencial. Cada módulo ten unha duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.

ies isaac díaz pardo

Rúa A Lagoa, 19                 15160 Sada, A Coruña

881 88 09 42

 

Curso 2018-2019

Módulo 3 (1º cuadrimestre)       Módulo 4 (2º cuadrimestre)

luare10@hotmail.com