d e s t i n a t a r i o s

r e q u i s i t o s    d e    i d a d e

  • Todas as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran ata o 31 de decembro de 2017. No caso das persoas que se matriculen no segundo cuatrimestre, deberán cumprir os 18 anos antes do 30 de abril de 2018.

Tamén poderán matricularse na educación secundaria de persoas adultas quen cumpra algún dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos e ter un contrato laboral que impida acudir aos centros educativos de réxime ordinario.
  • Ser deportista de alto rendemento.
  • Ter cursado ensinanzas de persoas adultas en anos anteriores.
  • Ter estado matriculado en anos anteriores nun programa de cualificación profesional inicial (PCPI).

s o l i c i t u d e    d e    i n s c r i c i ó n

O alumnado que solicite matricularse en educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:

Historial académico

Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.

 

Declaración responsable

Declaración responsable de non estar escolarizado nas mesmas ensinanzas noutro centro.

Anexo I

Solicitude de admisión, anexo I

Anexo II

Solicitude de matrícula, anexo II

d o c u m e n t o s    a d m i n i s t r a t i v o s

Ademais do historial académica, a declaración responsable e os anexos I e II, para facer efectiva a matrícula é necesario:

  • Fotocopia do DNI (NIE para alumnos estranxeiros).
  • Fotocopia do Libro de Familia da páxina onde figure o alumno/a.
  • Dúas fotografías (co nome e apelidos no reverso).
  • Xustificante de abono do seguro escolar (1,12 €) en ABANCA ES 08 2080 0035 16 3040010955 (excepto os maiores de 28 anos).

p r a z o    d e    m a t r í c u l a

As datas de inscrición para acceder aos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, modalidade presencial, serán entre o 1 e o 15 de xuño de 2017.

Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre:

  • O 1 e o 12 de setembro de 2017 para o primeiro cuadrimestre.
  • O 9 e o 16 de xaneiro de 2018 para o alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre.